Winning entries could not be determined in this language pair.There were 3 entries submitted in this pair during the submission phase. Not enough votes were submitted by peers for a winning entry to be determined.Competition in this pair is now closed. |
Ó longo de moitos anos, e sen chamar a atención, as autoridades de Nova York foron desconectando a maioría dos botóns que controlaban os semáforos dos pasos de peóns neoiorquinos. Segundo decidiron, os temporizadores electrónicos case sempre funcionan mellor. No ano 2014, menos de 750 destes 3250 botóns seguían operativos. Non obstante, o goberno de Nova York non retirou os botóns desactivados, condenando así os dedos dos neoiorquinos e neoiorquinas a pulsacións sen sentido. Ó comezo, os botóns sobreviviron polo alto custo da súa retirada, pero resultou que ata os interruptores non operativos compren unha función. Segundo Tal Oron-Gilad, da Universidade Ben-Gurion do Negev (Israel), os peóns que pulsan un botón teñen menos probabilidades de cruzar antes de que o semáforo se poña en verde. Tras estudar o comportamento dos viandantes en pasos de cebra, concluíu que a xente é máis propensa a obedecer sistemas que parecen responder ás nosas interaccións con eles. Eytan Adar, experto en interaccións humano/máquina da Universidade de Míchigan, en Ann Arbor, afirma que os botóns desactivados producen este efecto placebo porque ós humanos gústanos ter esta ilusión de control sobre os sistemas que empregamos. En moitas ocasións, os alumnos do Dr. Adar deseñan programas con botóns de gardado con unha única función: tranquilizar ós usuarios que descoñecen que as súas accións gárdanse automaticamente. Dinos que pensemos nisto como unha mentira piadosa como contrapunto á frialdade propia do mundo mecánico. Pero esta non é a única forma de velos: segundo Ralf Risser, director de FACTUM, instituto vienés adicado ó estudo de factores psicolóxicos en sistemas de circulación, os botóns placebo poderían ter tamén un lado escuro. Polo menos, os dos pasos de peóns. Risser cre que os beneficios destes botóns son superados polo feito de que os peóns xa coñecen a súa existencia, polo que rematan decepcionados polo engano. | Entry #24953 — Discuss 0 — Variant: Not specified
|
Ao longo de moitos anos e sen crear demasiado alboroto, as autoridades de Nova York desactivaron a maioría dos pulsadores que daquela accionaban os semáforos para viandantes nesa cidade. Decidiran que os temporizadores controlados por ordenador case sempre funcionaban mellor. No 2004, dun total de 3,250 botóns, menos de 750 seguían operativos. Non obstante, o goberno local non procedeu á retirada dos pulsadores inactivos, e estes continuaron atraendo a unha infinidade de dedos que os pulsaban en balde. Nun primeiro momento, os botóns mantiveronse debido ao elevado custo da súa retirada, pero resultou que incluso os pulsadores inoperantes podían ter un propósito. “É menos probable que un viandante que prema un botón atravese a rúa antes de aparecer o homiño verde,” subliña Tal Oron-Gilad da Universidade Ben-Gurion do Neguev, en Israel. Os seus estudos sobre o comportamento nos cruces levárono a concluír que as persoas son máis proclives a facer caso dun sistema que presuntamente ten en conta a súa interacción. Segundo Eytan Adar, da Universidad de Michigan Ann Arbor, e experto na interacción entre humanos e computadoras: “Os pulsadores non operativos producen un efecto placebo deste tipo porque ás persoas comprácelles ter unha sensación de control sobre os sistemas que empregan.” O Dr. Adar indica que os seus alumnos a miúdo deseñan software cun botón para 'gardar' que non ten outra finalidade cá de tranquilizar aos usuarios que non saben que o que teclean vaise gardando de maneira automática. “Debemos velo,” di, “como unha argucia ben intencionada para contrarrestar a frialdade propia do mundo das máquinas.” Esta é unha forma de velo, pero os pulsadores placebo —polo menos nos cruces para peóns— tamén poden albergar un lado escuro. Ralf Risser, director de FACTUM, un instituto vienés que estuda os factores psicolóxicos dos sistemas de tráfico, considera que, polo de agora, o feito que os viandantes coñezan a existencia do pulsador e sintan rancor cara á súa argucia, sobrepasa os beneficios que o mesmo poida aportar. | Entry #25198 — Discuss 0 — Variant: Not specified Paula Sepúlveda (X) أسبانيا
|
Durante estes últimos anos, as autoridades de Nova York foron desactivando a maioría dos botóns de control nos pasos de peóns da cidade, sen facer moito barullo. Decidiron que os temporizadores automáticos funcionaban case sempre mellor. No 2004, menos de 750 dos 3.250 botóns existentes seguían funcionando. Así e todo, o goberno municipal non retirou os botóns inactivos, sendo incontables os dedos que os premeron inutilmente. Inicialmente, os botóns sobreviviron debido a custo que levaba desfacerse deles, pero resulta que incluso os botóns inactivos teñen un propósito. Os peóns que premen o botón teñen menos posibilidades de cruzar antes de que a luz verde apareza, comenta Tal Oron-Gilad da Universidade Ben-Gurión de Néguev, en Israel. Despois de estudar o comportamento ao cruzar, ela apunta que a xente obedece máis a un sistema que pretende atender á súa participación. Os botóns inactivos producen na xente este tipo de efecto placebo porque así teñen unha sensación de control sobre os sistemas que utilizan, explica Eytan Adar, experto na interacción entre seres humanos e ordenadores, da Universidade de Michigan, Ann Arbor. O doutor Adar indica que os seus estudantes deseñan normalmente un sistema operativo con un botón de «gardar» que non ten outra función que asegurarlle aos usuarios que o descoñecen que a súa acción de premer se garda automaticamente. Pensen nisto, di, coma se fose un benévolo engano para confrontar a frialdade inherente do mundo das máquinas. Este trátase doutro punto de vista. Pero, polo menos nos cruces das rúas, os botóns placebo poderían ter incluso un lado máis escuro. Ralf Risser, director de FACTUM, un instituto vienés que estuda os factores psicolóxicos nos sistemas de tráfico, considera que a conciencia dos peóns sobre a súa existencia e o conseguinte resentimento ante o engano, superan agora os beneficios. | Entry #25639 — Discuss 0 — Variant: Not specified
|